jueves, 26 de junio de 2014

DESPEDIDA DE INFANTIL







Chegou o momento de despedirnos desta etapa de Educación Infantil que comezamos todos xuntos dende fai xa tres anos.  Foi un longo e moi fermoso camiño que agora chega ao seu final.

Pecho os meus ollos e lembro esas cariñas asustadas de Alba, das Andreas,  Nicolás, Carmela,  Brais, Nerea ,  Sabela,   Sara, Ángel e Sergio no seu primeiro día e como non querían soltarse das mans dos seus e entrar neste novo mundo.
  
Ao longo deste tempo, compartimos xogos, ledicias, paseos, risas e algún que outro desgustiño,… Gozamos de recreos ao sol e, mirando por esas ventás compartimos a merenda en innumerables días de choiva.

Viaxamos desde a nosa aula por moitas terras afastadas e descubrimos outros planetas, outros mundos, animais fantásticos e, por enriba de todo, aprendemos a soñar, a convivir, a respectar e a querer aos outros.

Traballamos moito, coma formiguiñas laboriosas, razoamos, inventamos, deseñamos e compartimos tantos proxectos que nos axudaron a sentirnos fortes, autónomos e  con ganas de saír ao mundo.

Teño que  recoñecer o moito  que aprendín e gocei con todos vos, co voso entusiasmo e  curiosidade que me axudaron a  renovarme  cada día.


Xunto ás vosas familias traballamos dende o primeiro momento para que vos medraran unhas ás fortes que vos permitiran voar con seguridade e espírito crítico  polo exterior e que, pouco a pouco, vos  forades  convertendo nesas estupendas “personiñas” que hoxe sodes.  

Pasamos tantos momentos cheos de sorpresa, de emocións, de risas e algún choro que apenas durou, aprendendo  a pedir perdón e dar as grazas.

Grazas a todas ás familias por confiarme o voso tesouro máis prezado e a vos,  só dicirvos,  que sempre vos levarei no corazón.

Manola Domínguez Vilas




jueves, 19 de junio de 2014

EXCURSIÓN

Hoxe foi un día moi intenso. Comenzamos a mañan no centro de alto rendimento de Galicia, pasámolo en grande vendo donde entrenan os mellores deportistas, e por suposto, nos tamén quixemos facer deporte...






  1. O mediodía marchamos a BAROSA e alí ademais de comer e merendar,  aprendimos  como facer fariña, como amasar pan e por suposto como podemos hornealo.





º






lunes, 16 de junio de 2014

O LIBRO DA SELVA

Esta manán fomos o multiusos de Rois, para ver unha representación de monicreques, a cargo da compañía "Cachirulo"  titulado "O LIBRO DA SELVA". Estivemos moi atentos, non queríamos perdernos nada. Aí vos quedan algunhas imaxenes do evento






viernes, 13 de junio de 2014

VISITOUNOS A PROFE CELIA

Hoxe recibimos unha visita moi especial "A profe Celia". Foi unha sorpresa, quedamos moi contentos e ademáis trouxo unhas chuches que fixeron as delicias de todos.  Grazas profe Celia, foi unha sorpresa moi especial, vimoste tan ben, que  todos nos preguntábamos si xa podias vir para a próxima semana.





miércoles, 4 de junio de 2014

OS VERMES DE SEDA

Estes días na aula temos outra vez vermes de seda. Estamos coma "toliños", non paran de comer, tódolos días repoñemos follas de moreira e acaban con elas. Por si eso fora pouco, agora comenzan a facer as súas casulas e estamos moi atentos ós cambios. 





miércoles, 21 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe no cole celebramos o día das LETRAS GALEGAS. Todos, nenos e profes do cole xuntámonos na entrada e cada curso fixo algo diferente. Uns falaron de paxaros, outros recitaron poemas, outros  refráns dos paxaros que lles tocaron. En definitiva, todos actuamos para os nosos compañeiros. Por suposto, nos recitamos o poema "ESMERALDA", ahí vos queda un anaquiño da actuación para que poidades comprobar de primeira man o ben que nos saíu.



domingo, 18 de mayo de 2014

GUSTAV KLIMT

Estes días como xa moitos sabedes estivemos traballando sobre arte, en concreto apredemos con Gustav Klimt. Estivemos vendo algunhas das súas obras máis representativas, e para que vexades que nos atrevemos con todo, ahí vos quedan uns traballos persoais versionando "A Árbore da vida" e por suposto a nosa obra colectiva "A árbore da primavera". Como podedes ver traballamos moito, pero pasámolo moi ben.







jueves, 8 de mayo de 2014

DÍA DA NAI

A volta de vacacións de Semana Santa tivemos que andar apurados pois quedaba pouco tempo para o día da nai. E como puidestedes comprobar fixemos moitas cousas. Seguro que mais de unha dubida que os rapaces fixeran todo eles, e como mostra ahí vos van unhas fotos para que os vexades en acción.
Espero que vos gustara o agasallo, tanto como a eles facelo.










viernes, 11 de abril de 2014

VISITAMOS O GAIÁS

Onte  fumos de visita  a Cidade da Cultura para ver a exposición "Agua Doce". Nos levamos un guía que se chama Xoan, que nos enseñou moitas cousas: como distinguimos un cadro, dunha foto, dunha escultura, o dun tapiz. Estivemos tan, tan atentos e interesados que so tedes que seguir as fotos para darvos conta do que vos digo...




martes, 8 de abril de 2014

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Hoxe tivemos unha mañá un tanto especial,  recibimos a visita dos nenos do cole. Entre todos estivemos aprendendo e discutindo cuestións como cal e o globo que pesa mais, un grande cheo de aire o un pequeno cheo de auga. Cal flota se o botamos a auga? E por suposto a prengunta estrela, como era posible que un submarino puidese estar debaixo ou enriba  da auga?  E ademais aprendemos a facer burbullas de xabón que nos enseñaron os nenos da profe Marisol. Ahí tedes unhas imáxes, xa podedes comprobar que todos estaban moi atentos.





martes, 1 de abril de 2014

APRENDENDO A RECICLAR

Tivemos unha sorpresa, volveu "Lucía", unha rapaza que xa estivo o curso pasado, e ensinounos a reutilizar o lixo e facer xogos a partir de caixas e xornais vellos. Hoxe volveu a aula para ensinarnos como debemos tirar o lixo en contenedores diferentes. Claro que nos temos que fixar moito nas direntes cores, e non debemos equivocarnos. Hai os tendes atentos o lixo que levaban nas mans e moi concienciados coa reciclaxe.







martes, 25 de marzo de 2014

CONTO "DONA CARME"

Hoxe tivemos uns contacontos moi especiais. Dous alumnos de segundo viñeron a nosa clase a contarnos o conto de Dona Carme. Foi unha experiencia fantástica, pasámolo moi ben. O conto gustounos moito, e non perdimos detalle, como podedes comprobar nas fotos...



A TVG

Hoxe estivemos vendo na TV un programa que se titulaba COS PÉS NA TERRA. Saía Carmela, a súa familia, e os seus veciños.... Tivemos moito para conversar. Ahí vos queda o enlace para poder velo na casa se queredes.

Cos pés na terra

domingo, 23 de marzo de 2014

DÍA DO PAI

Como xa todos sabedes estivemos moi ocupados traballando para o día do pai. Pero non podía publicar nada, pois algún de vos non recibía o agasallo ata o fin de semana. Así que tiñamos que gardar o segredo. Agora chegou o momento de que poidades ver a ilusión coa que os vosos fillos traballaron a reo, para ter o voso agasallo feito para o día do pai.





CUMPRE DE CARMELA

O venres, Carmela estivo de cumpre e invitounos a unha tarta. Esta vez a profe non mandou nota a casa, e teño que decir que case todos se acordaron e non trouxeron merenda. Seguro que os poucos que non deron  o "recado" o próximo non o olvidan.




sábado, 22 de marzo de 2014

SEMENTANDO FLORES

Este venres comenzou a primavera, e fomos sementar unhas flores o invernadoiro. Esperemos que nos nazan algunhas polo menos para poder ver o que sementamos...